Krapopolis, primeira série Blockchain

151

A Fox anunciou onte na súa presentación inicial que Krapopolis, a nova série de debuxos animados de Dan Harmon, o creador de Rick and Morty, será a primeira série animada seleccionada completamente na cadea de bloques.

A série está ambientada nunha mítica Grécia antiga que se centra nunha família imperfecta de humanos, deuses e monstros que intenta dirixir unha das primeiras cidades do mundo sen se mataren entre si.

Bento Box Entertainment produce a série, que marcará a estrea da canle de televisión recentemente adquirida pola Disney no negócio dos NFT (tokens non funxíbeis), xa que a Fox lanzará simultaneamente unha empresa chamada Blockchain Creative Labs.

A Fox tamén porá en marcha un mercado adicado a Krapopolis, que se encargará da selección e venda de produtos dixitáis, que van dende NFT de persoaxes únicos e arte de fondo e GIF, así coma tokens que fornecen experiéncias sociais exclusivas para atraer e recompensar aos superfans.