Beer no novo cemitério de animáis

127

Lindsey Beer ven de asinar o contrato polo que se converte na directora da continuación do filme de 2019 que adaptou ao cinema por segunda vez a novela de Stephen King Pet Sematary para a Paramount Players.

A película orixinal, e tamén o libro, ía sobre unha família, na que após dunha terríbel traxédia, o pai descubre un xeito de resucitar aos mortos grazas a un antigo lugar de soterramento índio, utilizado hoxe coma cemitério para mascotas.

Beer, que até agora só traballara coma guionista, fará o seu debut coma directora con esta secuela, que ela mesma escribiu baseándo-se nun primeiro esbozo de Jeff Buhler. Beer está ademais vencellada a polo menos outros oito proxectos, entre os que cómpre salientar a vindeira M.A.S.K.: Mobile Armored Strike Command de F. Gary Gray, e a agardada adaptación ás pantallas da novela de fantasía épica The Kingkiller Chronicle.

O novo filme non pasará ás salas de cinema, e estreará-se directamente no servizo de streaming da Paramount+, con Lorenzo di Bonaventura e Mark Vahradian coma produtores.