Emmanuel e Hedlund nunha de vampiros

125

Garrett Hedlund (Sam Flynn en Tron: Legacy) e Nathalie Emmanuel (Missandei en Game of Thrones) serán os protagonistas de The Bride, un thriller de terror para a Screen Gems que suporá unha nova volta de rosca ao tema de Drácula.

Polo de agora non se sabe moito do argumento deste proxecto, máis aló de que está ambientado nos nosos tempos e de que Emmanuel interpreta a unha rapaza que é “cortexada e arrastrada”, só para se decatar de que hai unha conspiración gótica en marcha.

Jessica M. Thompson dirixe a partir dun guión de Blair Butler que ela mesma puliu. Emile Gladstone é a produtora e a rodaxe ten previsto comezar a finais de verán.