Travis Knight pon-se á fronte da rebelión

133

O responsábel do filme Bumblebee e CEO dos estudos de animación Laika, Travis Knight, será o director dun novo thriller de acción e vampiros titulado Uprising, para a Netflix e a 21 Laps.

A história sitúa-se despois de que un andazo converta á xente en vampiros, e o protagonista é a axente da CIA Lauren Webb, quen traballa contra o reloxo para descubrir a verdade que se agocha atrás dunha rebelión que ameaza con rematar coa humanidade.

O proxecto, que é a adaptación ao cinema da novela A People’s History of the Vampire Uprising de Raymond Villareal, será producido por Shawn Levy e Dan Cohen.

Jeremy Slater escribiu o último guión do que se ten constáncia, baseado noutro prévio de Jay Basu, JD Payne e Patrick McKay.