Mais vampiros para adolescentes

59

Julie Plec, co-creadora da franquía de The Vampire Diaries, adaptará ás pantallas de televisión a série de libros para adolescentes Vampire Academy, orixinal da escritora Richelle Mead, para o servizo de streaming Peacock.

Plec e mais Marguerite MacIntyre serán as showrunners desta série, que se prevé sexi e folletinesca. O proxecto xa recibiu o visto bó e conta co encargo de comezar a produción, que levará a cabo a Universal Television.

A história orixinal vai sobre Rose e Lissa, dúas rapazas cuxa amizade transcende as súas clases e conta como se preparan para completar a súa educación para entrar na sociedade real dos vampiros.

Plec e MacIntyre adaptarán as novelas nunha série de dez episódios. Polo de agora aínda non se deu a coñecer unha data de estrea.

A saga de seis libros, publicados entre 2007 e 2010, vendeu un total de 8 millóns de cópias en todo o mundo, e o primeiro tomo xa conta cunha adaptación prévia ás pantallas, neste caso ás do cinema, nun filme de 2014 protagonizado por Zoey Deutch e Gabriel Byrne.