Reparto para o thriller de Goyer

0
223

David GoyerO thriller sobrenatural ainda sen título que dirixirá David Goyer xa ten reparto: Gary Oldman, Odette Yustman e Cam Gigandet están a negociar a súa incorporación a este proxecto, que a Platinum Dunes producirá para a Rogue Pictures.

O guión, escrito polo mesmo Goyer, vai sobre unha rapaza de 19 anos enmeigada por un dybbuk, o alma dunha persoa morta expulsada do ceo, na forma dun rapaz que morreu no campo de concentración nazi de Auschwitz.

Yustman interpretará á rapaza protagonista, mentres que Gigandet fará o papel do seu noivo. Oldman será o especialista en sucesos paranormais que tenta axudar á rapaza.

A rodaxe ten previsto o seu comezo o vindeiro 3 de marzo en Chicago baixo a produción de Michael Bay, Andrew Form e Brad Fuller.