A DC anúncia o filme da Inxustiza

66

A DC quere adaptar a unha longametraxe de debuxos animados o popular videoxogo de loita Injustice: Gods Among Us.

O proxecto será o novo esforzo da DC Animated Features, que xa dará a coñecer un pequeno avance cando estree Batman: The Long Halloween: Part Two o vindeiro 27 de xullo.

Os videoxogos, e mais a série de cómic que continúa a história, están ambientados nunha liña temporal alternativa onde o Joker engana a Superman para que mate á súa muller, Lois Lane, que estaba preñada, e destrúa accidentalmente Metropolis cunha bomba nuclear que mata a cinco millóns de persoas.

En vinganza, Superman asasina ao Joker e continúa a executar criminosos a medida que se vai facendo mais e mais corrupto. Cinco anos despois, crea o réxime One Earth (Unha Terra) para forzar unha paz mundial. Pero moitos dos superheroes mais famosos da DC, liderados por Batman, únen-se para se opoñeren ao novo réxime.