El Arbi e Fallah levan a Batgirl ao cinema

648

A parella de directores composta por Adil El Arbi e Bilall Fallah (Bad Boys for Life) veñen de recibir o encargo de facer unha nova longametraxe con Batgirl coma protagonista, para a Warner Bros. Pictures e a HBO Max.

Christina Hodson (Bumblebee, Birds of Prey) escribiu un guión, que se planea para estrear directamente no servizo de streaming da HBO Max.

A longametraxe seguirá as aventuras de Barbara Gordon, a filla do comisário de policía de Gotham City James Gordon, e de como se converte en Batgirl para loitar contra o crime que está a asolar a cidade.

Kristin Burr (Cruella) será a produtora. Os directores remataron hai pouco o seu traballo coma showrunners da série da Marvel Studios Ms. Marvel, da que dirixiron o primeiro e mais o derradeiro episódio.