Jeremy Irvine, o primeiro Lanterna Verde

793

Jeremy Irvine está a manter conversas para facer o papel de Alan Scott, o primeiro Lanterna Verde da Terra, na vindeira série Green Lantern que está a preparar a HBO Max.

Nos cómics, o persoaxe foi un enxeñeiro de camiños de ferro homosexual nos anos 40, que se converte nun dos Lanternas. Mais tarde, asócia-se coa Sociedade da Xustiza de América e traballará con outros Lanternas da Terra, coma Hal Jordan.

Irvine une o seu nome ao de Finn Wittrock, que xa foi confirmado no elenco para o papel de Guy Gardner. Aínda se está pendente de contratar a moitos mais Lanternas, entre os que haberá moitos dos heroes que mais sona teñen e outros que son totalmente novos.

A série abrangue décadas e galáxias, comezando na Terra en 1941 con Scott e logo indo a 1984, co fachendoso macho alfa Gardner e mais a médio álien Bree Jarta. Os episódios, dez dunha hora de duración, contarán con Greg Berlanti, Seth Grahame-Smith e Marc Guggenheim coma produtores executivos.