Jenna Ortega é Wednesday Addams

1277

Jenna Ortega, unha actriz que até agora só fixera pequenos papéis dentro do xénero fantástico e algúns mais salientábeis coma actriz de voz, pero que é coñecida pola segunda tempada da série You na Netflix, ven de se facer co posto principal en Wednesday, a nova série da família Addams, que terá coma protagonista á rapaza Wednesday Addams.

O programa contará con Tim Burton coma director e Al Gough e Miles Millar (Smallville) coma showrunners e narrará as aventuras de Wednesday Addams coma estudante da Académia Nevermore, onde tentará controlar os seus poderes psíquicos, impedir unha matanza na vila e resolver un mistério sobrenatural que involucrou aos seus pais hai 25 anos, todo elo mentres se relaciona cos seus compañeiros en Nevermore.

Lisa Loring, Christina Ricci e Chloe Grace Moretz interpretaron este papel no pasado. A série conta coa produción da MGM/UA Television e será emitida pola Netflix.