A HBO Max e a Cartoon Network veñen de anunciar o encargo dunha nova série de debuxos animados titulada Batman: Caped Crusader.
O proxecto contará coa produción executiva de tres grandes talentos: os realizadores J.J. Abrams e Matt Reeves, e mais Bruce Timm, o co-responsábel do desenvolvemento da série orixinal dos anos 90, Batman: The Animated Series.
Dende que rematou Batman: The Animated Series, numerosas séries e filmes de Batman apareceron, pero moitas delas fracasaron ou careceron da máxia do orixinal, que se converteu en todo un clásico da animación.
Caped Crusader semella un paso atrás á procura da fórmula orixinal, o que Abrams, Reeves e Timm confirman nunha declaración conxunta: “A série será emocionante, cinemática e evocativa das raíces de cinema negro de Batman, mentres tenta profundizar na psicoloxía destes persoaxes emblemáticos“.
A Warner Bros. Animation, a Bad Robot Productions e mais a 6th & Idaho serán as compañías que produzan este proxecto. Reeves rematou hai unhas semanas o seu filme The Batman, protagonizado por Robert Pattinson, e ten aínda pendente o desenvolvemento dunha série precuela na HBO Max.
En todo caso, polo de agora aínda non hai datas para a estrea de Batman: Caped Crusader.