A Roda do Tempo continuará xirando

156

A adaptación para a tele da Amazon Studios e mais a Sony Pictures Television da saga de novelas de Robert Jordan The Wheel of Time ven de rematar na República Checa a rodaxe que comezara a finais de 2019, e a boa nova chega acompañada doutra: a renovación da série para unha segunda tempada, mesmo antes de que a primeira se estree.

O showrunner e produtor executivo, Rafe Judkins, dixo nun comunicado: “Acadar o encargo dunha segunda tempada antes de que se estree a primeira é un voto de confianza no traballo que estamos a facer e na mesma propiedade, e non poderiamos estar máis contentos de poder seguir vivindo e traballando no mundo que creou Robert Jordan“.

A série, que conta coma protagonista a Rosamund Pike, está ambientada nun extenso e épico mundo no que a máxia existe, pero só as mulleres poden utiliza-la. A história segue a Moiraine (Pike), membro da escura e influínte organización feminina chamada “Aes Sedai”, mentras se embarca nunha perigosa viaxe por todo o mundo con cinco mozas e mozos.

Moiraine cré que ún deles podería ser a reencarnación dun indivíduo incribelmente poderoso, de quen as profecías din que salvará a humanidade, ou a destruirá. A série conta con numerosos elementos da cultura e a filosofía europea e asiática.

Daniel Henney, Álvaro Morte, Sophie Okonedo, Kae Alexander, Madeleine Madden, Zoe Robins, Michael McElhatton, Barney Harris e Marcus Rutherford son o resto dos actores que compoñen o elenco. Polo de agora aínda non se sabe a data de estrea, agás que será este mesmo ano.