Rebecca Ferguson, a rebelde do Silo

140

Rebecca Ferguson (Mission: Impossible – Fallout) protagonizará Wool, a adaptación á tele da triloxía Silo, orixinal do escritor Hugh Howey.

O seu argumento está ambientado nun futuro en ruínas e tóxico, onde a comunidade existe dentro dun xigantesco silo baixo terra, de cento corenta e catro pisos de profundidade. Homes e mulleres viven nunha sociedade cheia de regulacións que coidan que serven para os protexeren. Ferguson interpretará a Juliette, unha enxeñeira independente e traballadora.

O encargo de versionar os libros para a tele chega de man da canle oficial da compañía Apple, que mercou os dereitos despois de que a 20th Century Fox fracasara no seu intento de levar a saga ao cinema hai case dez anos. O proxecto será producido pola AMC Studios e contará con Graham Yost (Justified) coma showrunner.

Morten Tyldum (The Imitation Game) será o director e produtor executivo, xunto a Ferguson, Yost, Howey, Remi Aubuchon, Nina Jack e Ingrid Escajeda.