Mark Ruffalo e Emma Stone, os Pobriños

131

Mark Ruffalo protagonizará xunto a Emma Stone Poor Things, o vindeiro filme do director Yorgos Lanthimos (The Favourite, The Lobster) para a Searchlight Pictures.

Baseada no libro homónimo do escritor inglés Alasdair Gray, a história é unha nova versión do clásico Frankenstein de Mary Shelley. Nesta ocasión, o monstro é unha fermosa e volátil erotomaníaca chamada Bella Baxter (Stone) quen se suicida afogándo-se para fuxir dun marido abusivo e é revivida, pero coas facultades mentáis dunha nena. E as cousas pon-se aínda mais raras a partir daí.

Tony McNamara (The Favourite) adaptará a novela ao cinema e Stone será a produtora xunto a Ali Herting, Dave McCary, Ed Guiney e Andrew Lowe. A rodaxe comezará a fináis deste ano.