Henry Cavill no relanzamento de Highlander

153

O director da popular saga de cans agresivos John Wick, Chad Stahelski, confirmou que está a preparar un dos seus proxectos mais agardados, o relanzamento de Highlander para a Lionsgate, e seica Henry Cavill está a manter conversas para ser o seu protagonista.

Aínda non está claro que papel faría Cavill, pero a estrela de Man of Steel e The Witcher fará-se sen dúbidas cun dos dous principáis roles do filme.

A película orixinal, de 1986, estaba protagonizada por Christopher Lambert no papel do espadachín Connor MacLeod, un dos moitos guerreiros inmortáis que só pode perder a vida se é decapitado. Após de ser adestrado por outro inmortal, chamado Ramirez (interpretado por Sean Connery), MacLeod vive durante moitos séculos, para ao final chegar a New York e enfrontar-se ao seu pior inimigo, Kurgan (Clancy Brown).

A franquía continuou con catro filmes mais, unha série de debuxos animados, tres séries de televisión, unha série Web, libros, cómics e moitas outras cousas. Dende 2016 está nombergantes en marcha a ideia dun relanzamento.

Kerry Williamson está a escribir o guión, que producirán Neal H. Moritz e Josh Davis.