O realizador responsábel de Godzilla vs. Kong, Adam Wingard, dirixirá unha adaptación ao cinema do cómic Hardcore para a Universal Pictures.
O título, que publica a Image Comics, é ún dos moitos que foi creado por Robert Kirkman (The Walking Dead) e Marc Silvestri, e é un thriller de ciéncia-ficción no que o axente Drake, responsábel do Programa Hardcore, pode converter a calquera persoa nun dron humán para acadar obxectivos que os soldados normais non poden. O seu traballo é salvar ao mundo sen se lixar as mans.
Kirkman escribiu un primeiro esbozo para a história, e Wingard co-escribirá o guión xunto ao prometedor Will Simmon. Kirkman, David Alpert, Bryan Furst e Sean Furst serán os produtores.
Wingard pola súa banda aínda ten pendentes outros dos proxectos a salientar: o filme de debuxos animados Thundercats na Warners e a secuela de Face/Off na Paramount.