Chalamet é o novo Willy Wonka

68

O protagonista da fita aínda por estrear Dune, Timothee Chalamet, interpretará ao emblemático chocolateiro Willy Wonka na vindeira longametraxe que servirá coma precuela de Charlie and the Chocolate Factory na Warner Bros. Pictures.

Co título de Wonka, esta nova volta de rosca á clásica novela para nenos de Roald Dahl enfocará-se esta vez no mozo Willy e nas súas aventuras antes de abrir a fábrica de chocolate mais famosa do mundo, polo que Charlie Bucket non aparecerá coma persoaxe.

O filme será ademais a primeira vez que Chalamet cante e baile en pantalla, porque hai moitos números musicáis previstos.

Esta é a terceira película sobre o persoaxe de Willy Wonka, despois da clásica primeira adaptación de 1971 Charlie and the Chocolate Factory que protagonizou Gene Wilder e o fracaso do remake de 2005 con Johnny Depp.

Paul King (Paddington) dirixirá a partir dun guión que el mesmo escribiu xunto a Simon Farnaby. David Heyman e Luke Kelly serán os produtores.