Banks dirixe e protagoniza a raíña vermella

108

Elizabeth Banks será a produtora executiva, directora e unha das protagonistas da adaptación ás pantallas de Red Queen, unha novela para adolescentes de 2015 orixinal da escritora Victoria Aveyard, e que emitirá a Peacock.

A Warner Bros. Television e a Universal Television producen esta série de capítulos dunha hora de duración, ambientado nun futuro próximo nos Estados Unidos onde a democrácia foi substituída por unha monarquía liderada por un grupo de humáns con superpoderes, que governan con puño de ferro sobre os que non-os teñen.

Mare Barrow é unha muller nova nada na pobreza e sen poderes que tenta facer todo o que pode para sobrevivir e protexer á súa família, cando descubre o impensábel: que dalgún xeito, ela mesma tamén posúe poderes.

Este abraiante descubrimento porá ao revés ao noso mundo e catapultará á inesperada heroína para se converter na face dunha revolución polos asoballados mentres tenta atopar a verdade após do meirande mistério de todos… como se fixo tan poderosa.

Beth Schwartz (Arrow, Sweet Tooth) e mais Aveyard co-escribiron o episódio piloto e serán as produtoras executivas da série, que contará con Schwartz coma showrunner. Max Handelman é o outro produtor executivo.