O veterán Christopher McDonald, unha das faces mais recoñecidas do cinema, pero sen moita experiéncia no xénero fantástico, é a nova incorporación ao elenco de Secret Invasion na Marvel Studios para o servizo de streaming da Disney+.
Aínda non se coñece que persoaxe fará McDonald, pero seica será ún novo creado para esta ocasión, e que probabelmente teña continuidade ao longo doutras séries e filmes do universo cinemático da Marvel.
Para a série, Samuel L. Jackson e Ben Mendelsohn repiten os seus papéis de Nick Fury e do Skrull Talos. O argumento estará baseado no cómic orixinal, no que unha facción dos Skrulls, uns extra-terrestres metamorfos capaces de imitar a fasquía dos seres humáns, infiltrou-se na Terra e mesmo chegou substituír a algúns dos heroes do noso planeta.
No elenco xa figuran ademais nomes salientábeis coma Olivia Colman, Emilia Clarke e Kingsley Ben-Adir. Thomas Bezucha e Ali Selim dirixen a série, que se comezará a rodar en distintos escenários europeos a finais deste ano.