Segundo informan várias fontes, Aaron Taylor-Johnson (Pietro Maximoff en Avengers: Age of Ultron) será o superfalcatruán Kraven o Cazador no filme autoconclusivo que prepara a Sony Pictures baseado neste persoaxe, un dos maiores inimigos de Spiderman. De se confirmar as novas, Taylor-Johnson aparecería ademais noutros filmes da Marvel da Sony Pictures, entre eles Venom e Morbius.
Nos cómics, Kraven é o inmigrante ruso Sergei Kravinoff, quen pretende demostrar que é o mellor cazador de todos os tempos. A saga Kraven’s Last Hunt está considerada coma unha das mais famosas e podería ser a elixida para apoiar o argumento do filme.
O nominado ao Oscar J.C. Chandor (Triple Frontier), acostumado ao cinema de acción e con tipos duros, será o director a partir dun guión de Richard Wenk (The Equalizer, The Magnificent Seven).
Avi Arad e Matt Tolmach están aínda vencellados ao proxecto coma produtores. A data de estrea xa foi fixada para o 13 de xaneiro de 2023.