Após de non poucos rumores, xa está confirmado que a franquía de Evil Dead contará cunha nova entrega, titulada Evil Dead Rise, que producirá coma sempre a New Line Cinema.
Aínda que nesta ocasión o protagonista da série, Bruce Campbell, non aparecerá, o novo filme baséa-se na triloxía orixinal e desbotará o relanzamento que se fixo en 2013. A história vai sobre dúas irmás distanciadas (Alyssa Sutherland e Lily Sullivan) cuxo reencontro ve-se truncado por demos famentos de sangue, o que as empurra a unha batalla primixénia pola supervivéncia.
A nova entrega estreará-se directamente na HBO Max. Sam Raimi será o seu produtor executivo xunto a Campbell e Robert Tapert.
O cineasta irlandés Lee Cronin (The Hole in the Ground) foi o elixido por Raimi e Campbell para escribir e dirixir a película, que se rodará en Nova Celándia.