Krieger dirixe aos novos Lanterna Verdes

888

Lee Toland Krieger será o director na HBO Max dos dous primeiros episódios da série Green Lantern, baseada no persoaxe da DC Comics e en asociación coa Warner Bros. Television.

Mália ter tan só 38 anos, Krieger conta xa cunha salientábel experiéncia no xénero fantástico: seu é o filme de 2015 The Age of Adaline, pero os afeccionados poderán relembrar que mais recentemente dirixiu os primeiros episódios de Superman and Lois, de Chilling Adventures of Sabrina e de Shadow and Bone, así coma doutras séries non especialmente fantásticas: You e Riverdale. Nesta ocasión terá que tratar cun guión de Greg Berlanti, Marc Guggenheim e Seth Grahame-Smith.

Green Lantern enfocará-se en tres persoaxes chave: Jeremy Irvine no papel do axente do FBI e gai secreto Alan Scott en 1941, Finn Wittrock coma o fachendoso macho alfa Guy Gardner en 1984, e mais a médio-alien e médio muller negra Bree Jarta, que quere gardar as distáncias con Guy. A actriz para este último papel aínda non foi seleccionada.

A todos eles haberá que sumar unha manchea doutros Lanternas, algúns xa coñecidos, outros novos. Berlanti, Guggenheim e Grahame-Smith serán os produtores executivos xunto a Geoff Johns, Sarah Schechter, David Madden e David Katzenberg.