Stroma substitúe a Conrad en Peacemaker

810

O actor de Harry Potter e Game of Thrones Freddie Stroma ven de se facer co papel de Adrian Chase/Vixilante en Peacemaker, a vindeira série secuela do filme de James Gunn The Suicide Squad que protagonizará o actor e “loitador” profesional John Cena.

Stroma, que actualmente protagoniza The Crew para a Netflix, ven substituír a Chris Conrad, que fora o elixido en primeiro lugar, pero que abandonou o proxecto por mor de diferéncias creativas. No seu papel de Chase, Stroma interpretará a un fiscal de distrito en New York que procura xustiza ao seu própio xeito despois de que a súa família fose asasinada por facinorosos.

Vixilante é un superheroe experto francotirador e no combate man a man, e ademais un mestre do lazo. Tamén posúe a habilidade de se curar axiña e pode rexenerar o seu corpo de feridas coma apuñalamentos ou disparos de bala.

O proxecto conta xa co encargo de oito episódios. Gunn escribirá todos eles e dirixirá un número aínda por precisar, todo mentres explora as orixes do persoaxe que Cena interpreta no filme (Peacemaker).

A nova série chegará ás pantallas a primeiros de 2022, mentres que a segunda parte de The Suicide Squad será estreada nas salas de cinema este mes de agosto.