Os monstros dos 80 protagonizan o Imaxinário

922

Do 22 ao 31 de outubro de 2021 celebrará-se en en Vilagarcía de Arousa a 49 edición de Curtas Festival do Imaxinário, en formato presencial e entrada de balde. O evento terá como leit-motiv ás pequenas criaturas que povoaron os andéis dos videoclubes dos anos 80, coma os Gremlins, os Critters ou os Ghoulies, e o seu cartel así o recolle.

O cartace oficial de Curtas 2021 é obra do ilustrador arxentino fincado en Buenos Áires Flavio Greco Paglia, e amósa-nos como un barco tripulado por estes pequenos e irreverentes monstros cota o porto da cidade, mentres persegue a un aterrorizado Gizmo: “Cando Curtas convidou-me a realizar a imaxe para este ano, coidei que tiña que ser divertida, sentir-se honesta cos persoaxes e o seu carácter, e aproveitar a localización – o concello de Vilagarcía – en favor da narración“, di Greco.

Pola súa banda o director do festival, Luis M. Rosales, comentou: “Queriamos que a imaxe evocase aquelas portadas das películas de videoclube que tantas horas de diversión nos aportaron aos fans do xénero nos 80. E que á vez funcionase coma un convite para que todos eles se acheguen a gozar desta festa do fantástico que é Curtas Festival do Imaxinário“.

O dúo americano Dance with the Dead, estandarte do synthwave e formado por Justin Pointer e Tony Kim, pon-lle a banda sonora ao póster do Imaxinário 2021. O seu són, unha mestura de sintetizadores e guitarras eléctricas inspirado nas melodías das bandas sonoras dos 80, e mais no seu particular universo visual, centrado no cinema de terror, son o complemento perfecto á imaxe deste ano.

Curtas Festival do Imaxinário presenta ademais Zona Prohibida, un novo programa temático no que se falará de todo o relacionado co cinema fantástico, e que pode seguir-se na canle oficial en YouTube. Na primeira entrega coñeceremos o Feratum Film Fest de México da man do seu director, Miguel Ángel Marín.

Até o 1 de xullo, e a través das plataformas habituais, póden-se presentar longas e curtas para participar nas seccións competitivas de Curtas Festival do Imaxinário 2021. Toda a información dispoñíbel no sítio Web.