A pantasma de Canterville con Fry e Laurie

54

Após de case dez anos tentando obtér financiamento, a nova adaptación ao cinema de debuxos animados da clásica comédia de Oscar Wilde The Canterville Ghost está por fin en produción.

O proxecto contará co reencontro nas pantallas de Hugh Laurie e Stephen Fry, que traballaron xuntos nos anos 80 nunha série de seu, A Bit of Fry and Laurie, e logo na inesquecíbel Blackadder (que en Galiza se titulou A Víbora Negra).

O produtor Robert Chandler deu a coñecer as novas no seu Twitter, confirmando que o obxectivo será estrear o filme o ano que ven e que Fry e Laurie están a bordo once anos despois de que os seus nomes apareceran por primeira vez vencellados ao filme.

Os co-guionistas de That Mitchell And Webb Look, Keiron Self e Giles New, adaptaron o conto orixinal, que vai sobre unha família americana que se muda a Inglaterra a un castelo enmeigado, onde habita a pantasma dun nobre que matou á súa muller e logo foi emparedado polos seus cuñados.