Os Amell queren unha secuela de Code 8

865

Hai un par de anos, os curmáns Robbie Amell e Stephen Amell (Arrow) puxeron en marcha un proxecto de crowfunding para o seu filme de ciéncia-ficción Code 8, o que axudou non só a rodar a fita canadiana, senón a se converter no segundo filme mais grande financiado con crowdfunding de todos os tempos.

A parella quere agora repetir o seu éxito nunha secuela, Code 8: Part II, na que tamén regresará Jeff Chan coma director. O mesmo Chan é o autor do guión, xunto a Chris Pare, Sherren Lee e Jesse LaVercombe.

A entrega orixinal ía sobre o 4 % da xente que vive na cidade fictícia de Lincoln City e que posúe poderes especiais. Pero estes poderes son controlados por un sistema corrupto, amparado por unha policía de alta tecnoloxía e militarizada, que os considera perigosos e que lles impide utiliza-los.

A secuela narrará a viaxe dunha rapaza loitando por obtér xustiza para o seu irmán asasinado por oficiáis de policía. Despois de ser testemuña do encubrimento do crime, a rapaza convérte-se no obxectivo dos criminosos e pide a axuda dun ex-convito (Robbie Amell) e mais do seu compañeiro (Stephen Amell). Xuntos, deberán enfrontar-se a un sarxento con moita sona e ben protexido, que usará todos os médios ao seu dispór para evitar ser descuberto.

A rodaxe comezará a finais deste ano.