As tartarugas regresan en 2023

132

Á franquía de Teenage Mutant Ninja Turtles, as tartarugas mutantes, non lle faltan todo tipo de re-estreas e intentos de relanzamento nos últimos anos, pero seica hai ún que aínda non se probara: un reinício da saga en debuxos animados xerados por computador, que chegará ás pantallas o 11 de agosto de 2023 nas salas de cinema.

O proxecto conta esta vez coa produción de Seth Rogen e a Nickelodeon. Brendan O’Brien, que xa traballou no pasado con Rogen, escribirá o guión, e o responsábel da recente The Mitchells vs. the Machines, Jeff Rowe, sentará na cadeira de director.

Evan Goldberg e James Weaver serán os produtores en representación da Paramount, que se encarga da distribución internacional. Polo de agora non se sabe que argumento veremos, pero coma adianto Rogen chiou unha foto do seu caderno de notas con detalles sobre os persoaxes.