Braga e Affleck nunha léa hipnótica

58

A brasileira Alice Braga (Cecilia Reyes en The New Mutants) ven de se unir ao elenco do thriller Hypnotic, que dirixirá Robert Rodriguez e que comezará a se rodar en Austin, Texas, a partir de setembro.

No filme, Ben Affleck é o protagonista no papel dun detective que se ve envolto nun mistério que involucra á súa filla desaparecida e mais un programa secreto do governo, todo mentres investiga unha cadea de crimes de alto nivel.

Nun princípio, a rodaxe do filme estaba prevista para abril de 2020, pero se adiou por mor da pandémia e por problemas co seguro.

Rodriguez (Alita: Battle Angel) e Max Borenstein (Kong: Skull Island) escribiron o guión, que o mesmo Rodriguez producirá xunto a Jeff Robinov, Guy Danella e John Graham.

A Braga pola súa banda poderémo-la ver axiña no filme de James Gunn The Suicide Squad.