Federico Fernández Giordano gañou o Minotauro

0
206

Federico Fernández GiordanoO xurado do V Prémio Minotauro de Ciéncia-Ficción e Literatura Fantástica formado por Fernando Delgado, Juan Eslava Galán, Laura Falcó Lara, Clara Tahoces, Pere Matesanz, Olga Rubio, Ángela Vallvey e José López Jara decidiu o pasado 8 de febreiro outorgar o galardón ao escritor uruguaio pero residente en Barcelona Federico Fernández Giordano pola súa obra El libro de Nobac.

A obra de Federico Fernández Giordano bebe de dous mestres incuestionábeis: Borges e Bioy Casares. Asimesmo é unha homenaxe, xa dende o nome dos protagonistas, aos relatos de Edgar Allan Poe. O argumento xira ao redor dun misterioso ancián que contrata os servizos de Edgar Pym, escritor de encargo cuxa vida profesional e sentimental vai á deriva, e da bela xornalista Lisa Lynch, para que deixen constáncia da história dun obxecto prodixioso: un libro no que se vai narrando a súa própia vida día tras día.

A dotación económica do Prémio Minotauro é de 18.000 euros, feito que convirte ao certame no millor dotado a nivel mundial dentro do xénerofantástico e de ciéncia-ficción. O ano pasado, a gañadora fora Clara Tahoces coa novela de vampiros Gothika.