O mundo silandeiro volverá en 2023

889

Após dun prometedor primeiro fin de semana nos despachos de billetes para A Quiet Place: Part II, a Paramount Pictures ven de fixar xa a data do 31 de marzo de 2023 para a estrea da terceira entrega da franquía.

O realizador responsábel de Mud e Take Shelter, Jeff Nichols, substituirá a John Krasinski no posto de director, cunha história baseada nunha ideia orixinal de Krasinski.

Seica Nichols entregou o guión da terceira parte hai uns poucos días, e os rumores indican que a história explorará novos elementos do mesmo mundo, ampliando deste xeito o rango dos dous filmes prévios.

Michael Bay, Andrew Form, Brad Fuller e Krasinski serán os produtores. A segunda parte, actualmente nas carteleiras, recadou xa 58 millóns de dólares no seu primeiro fin de semana.