Segundo informa o xornal sensacionalista inglés Daily Mirror, a quinta entrega de Indiana Jones está a se rodar en Yorkshire baixo a dirección de James Mangold, e nos escenários se puido albiscar a ún dos dobres nunha escena de acción levando o que semella ser unha máscara coa face do protagonista, Harrison Ford (78 anos). Isto insinuaría un posíbel flashback coa face dixital dun Ford desenvellecido e superposto sobre a máscara.