Sombra e óso terá segunda tempada

59

A Netflix renovou a série de fantasía romántica para adolescentes Shadow and Bone para unha segunda tempada. O produtor executivo e showrunner Eric Heisserer e mais o elenco protagonista, composto por Jessie Mei Li, Archie Renaux, Freddy Carter, Amita Suman, Kit Young, Danielle Galligan, Calahan Skogman e Ben Barnes, así coma a cabra Milo, regresarán nun novo capítulo desta adaptación á tele da série de libros Grishaverse, orixinal da escritora israelí Leigh Bardugo.

Ambientada no mítico reino de Ravka, que está dividido en dous por unha enorme rexión escura chamada o Fold (a pregadura), a série debutou directamente no primeiro posto entre as mais vistas na Netflix en 79 países. Mais de 55 millóns de fogares víron-a nos seus primeiros 28 días.

Shawn Levy e Pouya Shahbazian tamén regresarán coma produtores executivos. O mesmo cá primeira, a segunda tempada consistirá en oito episódios dunha hora de duración.