O guionista e produtor Bryan Fuller, creador de séries coma American Gods e Star Trek: Discovery, fará o seu debut coma director coa adaptación ao cinema de Christine, a clásica novela de terror de Stephen King, para a Blumhouse Productions e a Sony Pictures.
O libro orixinal vai sobre un tímido adolescente que só pode saír da súa cuncha após de mercar un vello Plymouth Fury de 1958 que necesita unha chea de reparacións. Pero o coche seica ten unha mente de seu e mais un pasado mortal, e comeza a cambiar ao rapaz e a todos os que o rodean, dun xeito moi perigoso.
O plan de Fuller é mantér o escenário dos anos 80 da novela, para o que el mesmo se encargará de escribir o guión, que producirán Vincenzo Natali e Steven Hoban. O proxecto polo de agora está aínda nos seus primeiros chanzos.
John Carpenter dirixiu a adaptación prévia en 1983, nun filme que protagonizaron con grande éxito Keith Gordon, John Stockwell, Alexandra Paul, Robert Prosky e Harry Dean Stanton.