A Warner Bros. Pictures estreará a súa longametraxe adaptación do cómic Blue Beetle da DC exclusivamente na HBO Max, uníndo-se deste xeito ao proxecto de Batgirl, que tamén aparecerá só no devandito servizo de streaming.
O realizador portorriqueño Ángel Manuel Soto, que até agora só conta con documentáis e curtas no seu haber, dirixirá esta fita que é a primeira que amosa a un superheroe latino da DC coma protagonista, xa que se centrará na versión do persoaxe de Jaime Reyes, que é un adolescente americano con raíces mexicanas.
Reyes descubriu o escarabello Blue Beetle mentres regresaba do coléxio xunto aos seus amigos Paco e Brenda enterrado nun soar abandoado e levou-no á casa. Esa noite, o escarabello cobra vida e enxérta-se no fío do lombo de Jaime, fornecéndo-lle unha armadura extraterrestre que pode modificar a súa velocidade e a súa forza, así coma crear armas, ás e escudos.
Gareth Dunnet-Alcocer está a escribir o guión, que espera entregar antes de outono para que a rodaxe poida comezar nesa data.