Jim Mickle no país de Deus

489

O co-creador de Sweet Tooth, Jim Mickle, dirixirá unha adaptación ao cinema de God Country, a novela gráfica de Donny Cates publicada en 2017, para a Legendary e a AfterShock Media.

A história vai sobre Emmett Quinlan, un vello viúvo afectado pola deméncia e con arroutadas violentas. Cando un tornado destrúe a súa casa no oeste de Texas, Quinlan érgue-se de entre os cascallos cunha espada enmeigada que restaura o seu corpo e fornéce-lle un grande poder. Agora é o único home que pode enfrontar-se ás criaturas doutro mundo que a espada trouxo ao seu estado natal.

O mesmo Cates adaptou o guión, e Mickle, Linda Moran, Lee Kramer e Jon Kramer o producirán.