Após das recentes novas de que vai dirixir unha terceira entrega da saga de A Quiet Place na Paramount Pictures, o realizador Jeff Nichols (Midnight Special) ven de se asegurar unha continuidade no seu emprego porque xa está a planear outro proxecto cos mesmos estudos.
Nichols comprometeu-se a escribir e dirixir unha longametraxe de ciéncia-ficción que polo de agora non ten título, pero que se rodará en canto remate a produción da mencionada continuación da franquía de A Quiet Place, cuxa estrea está prevista para o 23 de marzo de 2023.
Polo de agora non hai mais detalles sobre o novo filme, que aínda está na fase de desenvolvemento. Nombergantes, e segundo as últimas novas, Nichols quería reiniciar a franquía de ciéncia-ficción Alien Nation, que comezou en 1988 co filme homónimo protagonizado por James Caan e Mandy Patinkin, nos estudos 20th Century, esta vez con Michael Shannon no papel principal. Este intento de reedita-la cunha série de dez episódios seica non sairá adiante, agora que Nichols estará ocupado coma mínimo os vindeiros tres anos.
O director tamén conta con outro proxecto, non relacionado co xénero fantástico, que vai sobre a revolución cubana con Adam Driver, pero este se podería aprazar de chegar unha oferta boa abondo.