O que pasou despois de Drácula?

953

A Tea Shop Productions ven de contratar á actriz, guionista e directora Natasha Kermani para que adapte nunha longametraxe para o cinema o conto de terror orixinal de Joe Hill Abraham’s Boys, publicado dentro da súa escolma 20th Century Ghosts (2005).

O relato, que é unha espécie de continuación do clásico Dracula de Bram Stoker, vai sobre os fillos de Abraham Van Helsing, Max e Rudy, que non saben ren do pasado de seu pai e non comprenden a súa actitude sobreprotectora e mais o seu estraño comportamento.

Para facer as cousas aínda peor, Abraham está cada vez mais desequilibrado, paranoico e violento. O filme explorará ademais o trauma dos rapaces a través dos ollos dunha moza asiática que non é allea á morte.

O proxecto será a terceira longametraxe da cineasta americana de orixe iraní Kermani, que o ano pasado participou no festival SXSW coa súa película de xénero Lucky, distribuída por Shudder.

Joe Hill, ún dos fillos do lendário escritor de terror Stephen King, fíxo-se cun nome de seu nos últimos anos, e non só por mudar o seu apelido, senón por ser o autor de obras tan senlleiras coma o cómic Locke & Key ou a novela NOS4A2, que foron adaptadas á tele recentemente, ou da novela Horns, levada ao cinema en 2014.