Saw Gerrera, o persoaxe de Rogue One: A Star Wars Story que interpretou Forest Whitaker, regresará na série precuela Star Wars: Andor. A nova foi confirmada polo veterán actor Stellan Skarsgård, que ten un papel no programa e que nunha entrevista na rádio sueca revelou que rodou unha importante escena canda Whitaker. A série, de doce episódios, estreará-se o ano que ven na Disney+.