O malfalado urso de xoguete Ted creado por Seth MacFarlane e protagonista da franquía de filmes que leva o seu nome, regresará ás pantallas, pero esta vez ás da tele, nunha série con acción real que emitirá a Peacock.
O servizo de streaming ven de encargar a produción dunha quenda de dez episódios que servirán coma precuela das longametraxes e que contarán unha vez mais con MacFarlane para lle pór a voz ao seu persoaxe protagonista.
A presidenta da NBCUniversal Entertainment Content, Susan Rovner, recolleu a ideia de revivir a Ted nunha xuntanza que mantivo co seu creador, quen lle suxeriu un concepto para a precuela. MacFarlane ademais escribirá o guión e será o produtor executivo da série, que seica se rodará en formato multicámara.
A parella de filmes orixinais de Ted recadou mais de 750 millóns de dólares en todo o mundo. MacFarlane pola súa banda está a traballar na longamente agardada terceira tempada da súa série de ciéncia-ficción The Orville, que emitiu a Fox pero que agora pasou á Hulu.