O crepúsculo dos deuses de Snyder

177

A Netflix ven de lle mercar á WarnerMedia os dereitos da série de debuxos animados Twilight of the Gods, creada por Zack Snyder e baseada na mitoloxía dos deuses nórdicos. Jay Oliva é o director e Snyder traballará coma guionista e produtor por médio da súa compañia, The Stone Quarry.

A Netflix anunciou asemade o mais ca salientábel elenco de actores que lle porán as voces aos deuses e heroes: Sylvia Hoeks coma Sigrid, Stuart Martin coma Leif, Pilou Asbæk coma Thor, John Noble coma Odin, Paterson Joseph coma Loki, Peter Stormare coma Ulfr, Jamie Chung coma Hel, Lauren Cohen coma Inge, Corey Stoll coma Hrafnkel, Kristofer Hivju coma Andvari, Rahul Kohli coma Egill e Jamie Clayton coma a Seiðr-Kona.

O proxecto inclúe-se no contrato que Snyder ten coa Netflix, que xa deu coma primeiro froito o filme Army of the Dead: Lost Vegas e que continuará coa longametraxe de aventuras The Last Photograph.