A Netflix ven de anunciar o elenco de actores para a súa série Resident Evil, que adaptará para a tele a popular saga de videoxogos de Capcom, tamén levada ao cinema con anterioridade.
A principal novidade é que Lance Reddick (o director Phillip Broyles en Fringe) será o vilán xefe da Umbrella Corporation, Albert Wesker. Ademais, Ella Balinska (Charlie’s Angels), Adeline Rudolph (Chilling Adventures of Sabrina), Tamara Smart (A Babysitter’s Guide to Monster Hunting), Siena Agudong (No Good Nick) e mais a mexicana Paola Núñez (Bad Boys for Life) fixéron-se con outros papéis, polo de agora non especificados.
A série, composta por oito episódios dunha hora de duración cadanseu, contará co produtor executivo de Supernatural, Andrew Dabb, quen ademais será o guionista e showrunner. Os outros produtores executivos serán Mary Leah Sutton (tamén guionista), e Robert Kulzer e Oliver Berben, da Constantin Film, que co seu presidente á fronte, Martin Moszkowicz, serán os encargados de tentar reproducir na tele o éxito que xa viviron nas salas de cinema con esta franquía.
A história terá dúas liñas temporáis: nunha seguirá a dúas irmás de catorce anos que veñen de se mudar a New Raccoon City, e a outra xa só cunha das nenas, agora xa con trinta e tantos anos, nunha era na que o virus apoderou-se da xente e dos animáis.