Dous nominados ao Oscar protagonizan Foe

646

Os nominados ao Oscar Saoirse Ronan (The Lovely Bones) e Lakeith Stanfield (Death Note), xunto ao debutante Paul Mescal, protagonizarán o filme Foe baixo a dirección de Garth Davis. A rodaxe comezará en xaneiro en Austrália.

A longametraxe é unha adaptación da novela supervendas de ciéncia-ficción I’m Thinking of Ending Things, orixinal do autor Iain Reid, e descríbe-se coma unha história sensual e psicolóxicamente alucinante ambientada no futuro próximo, onde o poder das corporacións e a crise medioambiental están a destruír o planeta.

Mescal e Ronan interpretarán a unha parella de novos casados que viven unha vida solitária nunha granxa illada. Unha noite, un estraño (Stanfield) peta á súa porta e lles trae novas que van voltar a súas vidas do revés: o home ven de ser escollido aleatoriamente para facer unha longa viaxe a unha estación espacial experimental que leva a orbitar a Terra os dous últimos anos.

Porén o mais estraño é que xa se fixeran arranxos para que cando marche o home, a súa esposa non-o vai botar de menos, porque se lle deixará un duplicado biomecánico do seu marido.

Davis dirixe a partir dun guión que el mesmo escribiu canda Reid. Davis, Kerry Kohansky-Roberts, Emile Sherman e Iain Canning son os produtores executivos.