R.I.P. Ned Beatty

59

Ned BeattyO actor Ned Beatty, relembrado entre os fans sobre todo polo seu papel de Otis nos filmes Superman e Superman II, morreu onte domingo aos 83 anos, segundo confirmou o seu manager. Aínda que fixo moitos papeis distintos dende os anos 70, os afeccionados ao xénero fantástico recoñecerán a súa face e mais a súa voz de filmes coma Exorcist II: The Heretic, The Incredible Shrinking Woman, Repossessed, Toy Story 3 ou Rango.