Kevin Bacon, falcatruán tóxico

62

Kevin BaconKevin Bacon ven de se unir ao elenco de The Toxic Avenger, o reinício da clásica saga da Troma Entertainment que protagonizará Peter Dinklage no papel do conserxe que se converte nun monstroso superheroe. Bacon será o principal falcatruán, nun papel definido coma “vilán graxento”. O filme comezará a se rodar a finais deste mes en Bulgária baixo a dirección de Jacob Tremblay e cun guión de Macon Blair.