Pouco despois do remate na Netflix da série Castlevania, baseada na clásica franquía de videoxogos da Konami, o servizo de streaming anunciou que habería unha continuación, cunha série distinta que exploraría outros persoaxes e cun novo elenco, pero no mesmo universo. E esta pasada fin de semana reveláron-se mais detalles no decurso do evento virtual da Geeked Week.
A série orixinal, que durou catro tempadas, continuará deste xeito con outra ambientada no decurso da revolución francesa a finais do século XVIII e enfocada nos persoaxes de Richter Belmont e Maria Renard. Richter é o descendente dos persoaxes de Castlevania Trevor e Sypha.
Clive Bradley será o showrunner e produtor executivo deste proxecto no nome da Project 51 Productions, e Kevin Kolde será o outro produtor executivo. A Powerhouse Animation, responsábel dos debuxos, regresará unha vez mais e Sam e Adam Deats serán os directores.