Revelado o elenco para Star Trek: Prodigy

905

A primeira série de Star Trek creada especificamente para nenos pola Paramount+ e a Nickelodeon, Star Trek: Prodigy, ven de contratar ao seu elenco de actores que lle porán as voces aos protagonistas, e entre eles cómpre salientar especialmente o xa coñecido regreso de Kate Mulgrew ao seu emblemático papel da capitá Kathryn Janeway de Star Trek: Voyager.

Os seis actores protagonistas son: Dee Bradley Baker (SpongeBob SquarePants) no papel de Murf, Ella Purnell (Army of the Dead) coma Gwyn, Jason Mantzoukas (Infinite) coma Jankom Pog, Angus Imrie (The Crown) coma Zero, Rylee Alazraqui (Home Economics) coma Rok-Tahk e Brett Gray (On My Block) coma Dal. Todos eles son adolescentes extra-terrestres que atopan unha nave espacial abandoada e deben aprender a manexa-la para sobrevivir. Janeway será o seu guía, pero coa forma dun holoprograma de emerxéncia.

A série foi desenvolvida por Kevin e Dan Hageman (Trollhunters, Ninjago), quen serán ademais os showrunners e produtores executivos, xunto a Alex Kurtzman, Heather Kadin, Katie Krentz, Rod Roddenberry e Trevor Roth.