Jennifer Lopez contra a intelixéncia artificial

917

A cantante e actriz Jennifer Lopez regresará ás pantallas de cinema, e esta vez cun proxecto de ciéncia-ficción. Lopez protagonizará e producirá o thriller Atlas para a Netflix, baixo a dirección de Brad Peyton (Journey 2: The Mysterious Island, Rampage).

No filme, Lopez interpretará a Atlas, unha muller que loita pola humanidade nun futuro onde un soldado con intelixéncia artificial ven de determinar que o único xeito de rematar coa guerra é aniquilar á raza humana.

Para vencer a este soldado rebelde, Atlas terá que traballar canda a única cousa á que lle ten medo: outro robot con intelixéncia artificial. Aron Eli Coleite é o autor do guión mais novo, baseado noutro orixinal de Leo Sardarian.

Ademais de López, Peyton, Elaine Goldsmith-Thomas, Benny Medina, Jeff Fierson, Joby Harold e Tory Tunnell serán os produtores.