A Netflix quere continuar o Manifesto

119

Após de que a NBC decidira cancelar o seu thriller de mistério Manifest a pasada semana, a Netflix xurde agora coma unha nova posíbel plataforma para que a série poida ter unha cuarta tempada.

As primeiras dúas tempadas do programa xa debutaran na Netflix o pasado xoves con grande éxito nalgúns países, coma os Estados Unidos, onde chegou decontado ao número 1. Grazas a eses números, a Warner Bros. Television e a Netflix están a negociar a posibilidade de se faceren cos dereitos e continuar a história alí onde ficou.

Manifest vai sobre os 191 pasaxeiros e mais a tripulación dun avión comercial, que tras aterrar nun aeroporto de New York, son informados polo director da NSA que pasaron mais de cinco anos e médio mentres estiveron no aire, e que xa se lles dera por mortos hai moito tempo.

A Netflix tivo xa algún éxito recollendo séries que as canles xeralistas cancelaran, coma no caso de Lucifer, que tamén conta coa produción da Warner Bros. Television. Tanto os protagonistas coma o creador de Manifest, Jeff Rake, mencionaran con anterioridade que o seu plan era facer unha série de seis tempadas, polo que agardan poder atopar un novo fogar para a súa história.

ACTUALIZACIÓN 22.06.21: Após de longas conversas e deliberacións que remataron esta semana, a Netflix decidiu non encargar unha cuarta tempada de Manifest, polo que este é o final da súa história. Jeff Rake confirmou a nova nun chío, no que agradeceu aos fans os seus esforzos por tentar salvar a série.