A resurrección de Blácula

92

A MGM, a Bron Studios e mais os produtores Deon e Roxanne Avent Taylor van-se asociar para tentar relanzar o clásico de terror do ano 1972 Blacula.

A nova versión deste filme de blaxploitation estará ambientada principalmente nunha cidade metropolitá após da pandémia do corona, e o mesmo có filme orixinal, a história irá sobre un antigo príncipe africano ao que Drácula converte en vampiro, despois de se negar a axuda-lo a rematar co comércio de escravos.

Blacula é sepultado e esperta dous séculos despois, disposto a vingar a morte dos seus devanceiros e dos responsábeis de espoliar ao seu povo do seu traballo, a súa cultura e mais o seu património.

A película orixinal fora dirixida por William Crain e protagonizada por William Marshall. A súa estrea recibiu críticas non demasiado positivas, pero aínda así, foi unha das que mellor recadación obtivo aquel ano. Dous anos despois estreou-se a súa secuela Scream Blacula Scream e xerou-se unha onda de filmes de terror de temática blaxploitation.

Deon Taylor dirixirá o proxecto, baseado nun guión que el mesmo escribiu xunto a Micah Ranum. Roxanne Avent Taylor e Aaron L. Gilbert serán os produtores.