O dobre robótico de Woodley

514

A actriz Shailene Woodley (Beatrice Prior na triloxía de Divergent) e mais o cómico inglés Jack Whitehall protagonizarán unha comédia de ciéncia-ficción titulada Robots e que conta co guionista de Borat e Bruno, o escritor Anthony Hines.

Baseada nun conto orixinal de Robert Sheckley, a acción céntra-se nunha buscadora de ouro e nun mullereiro, obrigados a traballar para capturaren uns robots que son os dobres deles mesmos, e que se namoraron e fuxiron xuntos.

Hines será ademais o co-director do filme xunto a Casper Christensen (Klown), coa Company Films producindo. A Rocket Science encargará-se da distribución internacional do filme, que ten previsto aparecer no mercado virtual de Cannes.

A rodaxe comezará este mes de agosto en New Mexico.